La mejor información deportiva de la mano de Javier&José Luís Iglesias

Category: Polideportivo

O Estadio de San Lázaro será renomeado como Estadio Municipal “Vero Boquete” de San Lázaro

A Comisión de Condecoracións aprobou no día de hoxe o cambio de denominación do campo de fútbol de San Lázaro, que pasará a chamarse Estadio Municipal “Vero Boquete” de San Lázaro. Así o explicaron pola mañá as concelleiras Noa Morales, María Corral, Milagros Castro e Goretti Sanmartín nunha rolda de prensa.

Trátase dunha proposta unánime da Corporación que irá ao Pleno deste mes de novembro para rematar de facela oficial. Tal e como sinalou a edila de Deporte, “na nosa cidade, ademais de numerosos equipamentos deportivos, temos a honra de contar con importantes figuras deportivas como a futbolista Verónica Boquete que é, sen dúbida, unha das mellores futbolistas da historia da nosa cidade, do noso país e do conxunto do Estado”.

A compostelá, que actualmente xoga no Beijing BG Phoenix da Superliga china, escribiu o seu nome na historia converténdose na primeira futbolista española que xogou como internacional na Champions en 2014, e foi tamén a primeira en gañar a máxima competición continental. En 2015 foi a elixida para dar o pregón das festas do Apóstolo, no que apelou o seu orgullo por levar o nome de Compostela polo mundo.

Unha carreira chea de méritos deportivos
Entre os campionatos disputados destacan a Copa da Raíña, W-League, Damallsvenskan, Eurocopa sub-19, Liga de Campións, Copa de Algarve e dous Mundiais. Ademais, dende 2015, Verónica Boquete é embaixadora da UEFA para o desenvolvemento do fútbol feminino, labor que leva a cabo tamén na súa cidade natal, Santiago de Compostela, a trav

és do campus que leva o seu nome. Recentemente, foi homenaxeada na delegación da Federación Galega de Fútbol, onde se dedicou unha das aulas de formación á súa figura deportiva.

Polo tanto, “trátase da mellor xogadora de fútbol en activo da nosa cidade, que exerce de exemplo de deportividade e motivación para as crianzas. A súa figura é unha referencia moi relevante para o fútbol de base de Compostela, e especialmente para o fútbol feminino, un deporte que leva tempo loitando para ter o mesmo recoñecemento e visibilidade que o masculino”, lembrou a concelleira. Neste senso, as traxectorias profesionais de deportistas como Verónica Boquete son as que están consolidando o auxe do fútbol feminino. Isto, xunto coa súa paixón polo fútbol e os valores que transmite, repercuten moi positivamente na actitude das nenas cara a este deporte tan masculinizado, desafía os roles tradicionais de xénero e favorece claramente a igualdade de xénero.

Os catro grupos da Corporación entenden que o mellor xeito de recoñecer a impresionante traxectoria profesional desta futbolista compostelá, así como a súa influencia positiva na sociedade e a súa gran implicación na nosa cidade co fútbol base masculino e sobre todo feminino, sería que o Estadio de San Lázaro levase o seu nome, pasando a chamarse Estadio Municipal “Verónica Boquete” de San Lázaro.

FOTO PRINCIPAL: As catro representantes dos grupos politicos en Raxoi, onte: Noa Morales, pola esquerda, Goretti Sanmartín, María Corral e Milagros Castro //  TEXTO E FOTO: Prensa CSC


Máis de 800 xadrecistas cadetes participarán en Santiago, do 3 o 16 de novembro, no Mundial de Xadrez sub 8, sub 10, sub 12, absoluto e femenino

O Pazo de Raxoi acolleu esta maña a presentación do Mundial de Xadrez sub 8, sub10 e sub 12, absoluto e femenino que se disputará na Capital de Galicia do 3 o 16 de novembro. A día de hoxe, fixose oficial que xa inscribíronse no campionato 834 nenos e nenas de 85 países, que competirán nas catro categorías do torneo. A previsión é acadar os 850 inscritos de 88 países. Polo que respecta á representación galega, participarán no torneo 69 xogadores, procedentes das catro provincias galegas.

Os datos de persoas inscritas auguran un mundial de récord, “dobrando a participación de Brasil e con representantes procedentes de preto de 90 países”, segundo indicou Javier Ochoa. O presidente da Federación Esapñola de Xadrez sinalou tamén que “España non é sede dun campionato desta índole dende 2001, así que debemos estar orgullosos de conseguir a adxudicación tras 16 anos”.

Pola súa banda, Gaspar Pérez fixo un percorrido polo traballo da Federación para conseguir traer este campionato, que conta co patrocinio económico do Concello de Santiago. O presidente da Federación Galega presentou tamén a páxina web que canalizará a información do evento “e dende onde ser poderá seguir vía streaming o mundial, coa retransmisión de 100 partidas a máis de 90 países”. Cada día disputaranse 400 partidas simultáneas no Museo Centro Gaiás, que poderán seguirse en directo desde o espazo habilitado no exterior do museo e tamén vía streaming na web do campionato (www.wccc2018.com).

Román Rodríguez,  sinalou que “oganizar unha cita como o Mundial de Xadrez demostra que Galicia é un destino idóneo para grandes eventos e que conta con infraestruturas, dotacións, loxística e con profesionais cualificados para poder levalos adiante con éxito”.

Marta Míguez fixo fincapé no “importante labor que fai o fomento de deportes como o xadrez desde idades temperás” e resaltou o “impacto económico deste evento”. Na mesma liña foi o alcalde de Santiago, Martiño Noriega quen subliñou “o importante esforzo económico do Concello de Santiago, ao nivel de grandes eventos como a Supercopa de España ou o Womex” e insistiu en que “este Mundial permitirá desestacionalizar o turismo nunha época de menor chegada de visitantes”.

Santiago de Compostela foi elixida sede destes campionatos no Congreso da Federacion Internacional de Xadrez (FIDE) que tivo lugar en setembro de 2016 en Baku (Acerbaixán), sendo a final con Turquía. As anteriores edicións destes mundiais téñense celebrado en Grecia (2015), Xeorxia (2016), e Brasil (2017).

FOTOS: Acto de presentación do Mundial de Xadrez que se disputará en Santiago do 3 o 16 de novembro e mascota do campionato // AUTOR: Concello de Santiago


El Club Triatlón Compostela presume de nueva presidenta: Dolores Rey

Desde o Club Triatlón Compostela nos fixeron copartícipes dunha nova muy importante para entidade. Y e que Dolores Rey, será a nova presidenta do clube e como se di desde a propia entidade deportiva “vai levar as rendas do clube mentras queira e poida. Temos a sorte de poder contar con ela. Coa sua capacidade de traballo seguro que vai a aportar o millor para a nosa entidade”. Polo tanto, benvida desde ElPunteirolo.com e toda a sorte do mundo na andaina que lle espera nos próximo anos.


Hoxe e mañá celebrase a II Festa do Deporte en Compostela con moita participación

A  Festa do Deporte SCQ naceu como unha iniciativa promovida polo Departamento Municipal de Deportes do Concello de Santiago de Compostela e ten como principal obxectivo conseguir que os composteláns e as compostelás coñezan de preto a gran variedade de modalidades deportivas que lle ofrece a nosa cidade. A misma ten a sua continuidade tras o éxito acadado na primeira edición celebrada o pasado ano. Esta nova cita se celebrará en varias localizacións de Compostela o hoxe dende as 10.30 a 14.00 horas e de 17.30 a 20.30 horas, e mañá, sábado 29, de 10.30 a 14.30 horas.

O obxectivo principal do evento é que Compostela viva unha exaltación do deporte contando ca participación de máis de 50 entidades e modalidades deportivas. Será un evento recreativo e popular, que estará aberto á participación de toda a familia e que contará con actividades adaptadas ao nivel de todos os asistentes.

As sedes principais serán o parque público de Galeras e as instalacións deportivas de Santa Isabel, concretamente o pavillón e o campo de fútbol municipal. De forma puntual, hoxe, venres 28, en horario de 18:00 a 20:30 horas, estase a programar na praza Roxa unha proposta recreativa e musical co fin de dinamizar e promocionar o propio evento.

Nesta segunda edición participan un total de 47 entidades deportivas de 43 disciplinas distintas, como balonmán, aikido, defensa persoal, esgrima, fútbol (nas súas diferentes modalidades), golf, patinaxe, quidditch, rugby, squash, loita, judo e un longo etcétera.

Este ano incorpóranse catro novas disciplinas deportivas como son o volei praia, a orientación, a andaina e un set de motor a cargo do piloto Luis Penido, que incluirá realidade virtual ou visita do coche de competición.

Ademais, a Festa do Deporte incorpora máis novidades, como a suma dun total de 11 centros escolares de Compostela, que participarán nas actividades no día de hoxe. Os colexios que estarán son: López Ferreiro, Roxos, Raíña Fabiola, IES Antón Fraguas, Nosa Señora dos Remedios, Seminario Menor, IES Arzobispo Xelmírez II, San Jorge, San José de Cluny, Vite e La Salle.

Políticos e xornalistas
Como tamén se fixo o ano pasado, haberá dous partidos que enfrontarán a membros da Corporación compostelá con xornalistas de Santiago. Será o sábado a partir das 12:00 h, cun primeiro encontro de volei praia no parque de Galeras e outro ás 12:30 h de fútbol oito no remodelado campo de fútbol de Santa Isabel.


Recoñecemento para o atleta compostelano Pedro Nimo do seu Concello

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e outros membros da Corporación recibiron en Raxoi o atleta compostelán Pedro Nimo, que o pasado 12 de agosto, en Berlín, obtivo coa Selección Española a medalla de prata por equipos do maratón do Campionato de Europa de Atletismo. Ademais, foi 22º na clasificación individual.

Martiño Noriega deu os seus parabéns a Pedro Nimo por esta medalla e por toda a súa traxectoria deportiva, chea de éxitos e, sobre todo, de afán de superación. O alcalde expresou o “orgullo” que para a cidade supón telo entre os seus veciños.

Pola súa parte, Pedro Nimo indicou a “satisfacción” que lle supón este recoñecemento institucional, pero tamén o da veciñanza de Santiago, como ten constatado recentemente co seu trunfo na CorreSan.

O atleta recibiu do alcalde como agasallo una acuarela obra de Serxio Suárez Bandín.

FOTO: CSC


El santiagués Pedro Nimo se apunta una vez más la Corre San nocturna

El atleta santiagués Pedro Nimo, con un tiempo de 17 minutos y 37 segundos se adjuicó en la noche del pasado sábado el triunfo en la primera carrera de la VII edición de la CorreSan de este año 2018, la única nocturna de las cuatro programadas.

Por su parte, en la prueba femenina se produjo la gran sopresa al imponerse la riojana Esther Rodríguez, quien completó el recorrido de la prueba con tres minutos más que el vencedor mascuino. En las fotos se pueden ver los momentos de la salida de la prueba y los podios tanto masculino como femenino.

FOTOS: Cedidas por la CorreSan