Nesta seman o comentario da xornada centramolo no partido vivido o domingo no Lino Balado de Oroso. Así os técnicos do Sigüeiro (Tomás Mougán) e do Fisterra (Ánxo López Canosa) nos dan o seus puntos de vista do enfrentamento.

TOMÁS MOUGÁN (adestrador do Sigüeiro)

“O partido estivo algo condicionado pola climatoloxia, que provocou que prácticamente fose todo xogo directo por parte dos dous equipos xa que o campo non permitía outra cousa. En xeral territorialmente estivemos mais encima dun fisterra que replegaba e intentaba sair a contra buscando os seus puntas. Quiza o mais reseñable do primeiro tempo é un man a man de Astray co porteiro e un posterior tiro desde a frontal ó pao do mesmo. Polo demais un primeiro tempo con intensidade e poucas ocasions, reseñando as baixas tanto de Astray como dun xogador do fisterra. No segundo tempo dinamica similar pero mais chegadas as areas. Un posible penalti a Juanito, moi destacado desde que entrou, e un gol anulado case o final a Jacobito o noso entender polo menos bastante discutible foi o mais perigoso polo noso lado e unha clara de Bruno case na area pequena e un par de achegamentos de Makaay que soubemos resolver defensivamente o mais reseñable do fisterra. Gran ambiente nas gradas a pesar do tempo e un xogo intenso pero deportivo por parte dos dous equipos”.

ANXO LÓPEZ CANOSA (adestrador da SD Fisterra):

“Partido impresionante o vivido en sigueiro nunha tarde pasada por auga na que o xogo iba ser moi dificil practicalo polo estado do campo….E asi foi, na primeira metade apenas deixou de chover e iso complicaria o xogo de ambos conxuntos na que seria unha parte moi igualada sen apenas ocasions… a mais clara seria de Astray que tocaria o longueiro! Un xogo moi directo dos dous equipos levaria o partido o descanso! destacar as lesions de astray por parte do sigueiro e de rubia por parte do fisterra que apenas xogarian media parte! O comezo da segunda metade seria casi igual que a primeira pero con mais ocasions polos dous conxuntos…as mais claras neste caso serian para o fisterra, a mais clara tivoa Bruno diante do porteiro pero que quedou en nada xa que se liaria co balon! Nos minutos finais seria unha locura de partido na que calquer conxunto puido levarse os 3 puntos xa que o sigueiro anularianlle un gol dudoso e o fisterra no minuto 90 non lle sinalarian un penalti de escandalo    no que Breixo a raiz da patada no xeonllo teria que ser sustituido por lesion! en conclusion… empate muy xusto o vivido nesta tarde pasada por auga en sigueiro!!!! BATALLA DE TITÁNS! BONITO PARTIDO”