A Real Federación Galega de Fútbol segue facendo historia. Durante a xornada do pasado mércores deu outro paso adiante no seu compromiso con todos os clubs de Galicia coa posta en marcha, por primeira vez na traxectoria da entidade federativa, das Comisións de Terceira División e Preferente Galicia.

O lugar elixido para esta convocatoria tan especial foi a sede da Real Federación Galega de Fútbol en Santiago de Compostela, que desde primeira hora da tarde albergou os encontros cos clubes, en primeiro lugar, de Terceira e, posteriormente, de Preferente.

A Terceira División está representada na súa Comisión por un total de oito clubs (CD Arenteiro, Racing Club Villabés, Bergantiños FC, UD Somozas, CD Choco, Arosa SC, CD Boiro e Alondras CF), quedando representadas todas as delegacións federativas. E por parte da RFGF acudiron a esta primeira reunión de traballo o presidente Rafael Louzán; Javier García como presidente da devandita Comisión; Diego Batalla como Secretario Xeral; José Manuel Fernández en calidade de Directivo; Raúl Rois como Delegado; e José Luis Corral como representante do Comité Técnico de Árbitros.

Nesta primeira Comisión puxéronse sobre a mesa varios temas que serán tratados nunha segunda xuntanza que terá lugar antes de que finalice a presente tempada. Temas como a posibilidade de aumentar as convocatorias a 18 xogadores, os ingresos por dereitos de TV, a implantación do dorsal fixo nas camisetas dos futbolistas, as deficiencias dos balóns Adidas da categoría, a necesidade de ter un maior control e organización dos partidos por parte de todos os equipos e tamén houbo un espazo para amosar a solidaridade coa directiva do Arosa SC, a cal está pasando, especialmente o seu presidente, por un momento delicado debido a unha reclamación xudicial.

Preferente Galicia

Pola súa banda, os clubs convocados para tomar parte na Comisión de Preferente foron: CSD Arzúa, SD Sofán, SD Bande, Club Juventud Cambados, CD Valladares, CD Foz e Atlético Coruña Montañeros. José Manuel Fernández preside a Comisión, na que tamén son membros o vicepresidente Carlos Méndez, o secretario xeral, o delegado en Santiago, Javier Reyes Rodríguez, e Roberto Vázquez Alvite en representación do Comité de Árbitros.

Tratáronse algúns temas que foron analisados previamente cos clubs de Terceira e algunha temática particular que se puxo sobre a mesa á espera de concretar propostas na próxima reunión.

Dando a voz ós clubs

A iniciativa do presidente, a xunta directiva da RFGF decidiu crear unha serie de comisións autonómicas que veñen a completar a actividade que desenvolvían os comités de fútbol base e fútbol afeccionado.

A actividade é especialmente intensa en este mes de marzo coa celebración xa do Comité de Fútbol Base e Fútbol Sala e as Comisión de Fútbol Feminino, Terceira División e Preferente. E para o vindeiro mércores xa está convocada a Comisión de Primeira Galicia e o Comité de Fútbol Afeccionado.

O que se busca é darlle voz ós clubs, que eles sexan os que opinen e valoren todas as problemáticas de cada categoría, pois eles son os que mellor coñecen esas problemáticas. Os comités e comisión farán a análise e adoitarán acordos que logo elevaranse á Xunta Directiva e se fose necesario tamén á Comisión Delegada e á Asamblea Xeral. Ditos acordos serán tratados tamén con todos os clubs da categoría, pois a Comisión está composta por un número reducido de clubs co obxectivo de ser máis executiva.

FOTO: Os membros das diferentes comisón da Terceira División e Preferente na correspondente foto de familia tras a constitución das mesmas. AUTOR TEXTO: Prensa da RFGF.