O NOSO PARTIDO   CD LALÍN GALITEC – SD ESCLAVITUDE (1-0): Partido no que  nos xogabamos moito, xa que estamos metidos con numerosos equipos, nesa loita  por fuxir dos hipotéticos arrastres.  A SD Esclavitude chegaba o Cortizo nunha zoa cómoda da clasificación o que lle permite afrontar os partidos con mais tranquilidade pero fieis o seu estilo combativo o que o fan un equipo moi complicado.

Na primeira metade tiñamos nos a posesión de  balón,  tendo continuas chegadas a area rival buscando superioridades por banda, pero non atopando o camiño do gol. Seria o noso dianteiro “Boyan” o que nos poñía por diante no marcador o definir un man a man tras unha prolongación na que alternábamos xogo combinado con xogo directo.

Na segunda metade, a SD Esclavitude saia mais decidida a conseguir a igualada, e ca expulsión  dun dos nosos xogadores, por dobre cartón amarelo, os rivais acabaron volcandose no noso campo. Cos cambios, tratamos de facer reaxustes para contrarrestar a un rival que acumulaba mais homes en ataque, e poder buscar transicións rápidas para tratar de conseguir o segundo gol que pechase o partido, estando apiques de conseguilo o noso xuvenil “Eloy”. En definitiva. Tres puntos de ouro nun partido moi disputado por ámbolos conxuntos, e que servirá  de moita experiencia para un equipo en construción e tan xoven como o noso.

CORDEIRO CF – PILOÑO SD (6-1) Sorprendente goleada por parte do Cordeiro ante un Piloño que nunha gran parte da liga era dos equipos menos goleados da categoría, o que esta a sorprender que este a encaixar moitos goles en determinados encontros. O Cordeiro  segue nesa pelexa na que estamos moitos por eludir os arrastres e na que parece que o Piloño poderíase meter.

SD TORDOIA – CD UNION (1-2)  Partido entre dous equipos moi igualados, no que o Tordoia co paso das xornadas e agora con esta derrota, metese na loita por eludir os arrastres e na que sigue o Unión que leva tempo alternando posicións nesa zona media con nos.

SONEIRA SD – CHAIAN CF (1-2)  Vitoria visitante que fan que o Chaian salga esta xornada dos postos de descenso directo mentres que o Soneira segue tamén na loita por evitar os arrastres.

FLAVIA SD – PRAIÑA SP C (3-1) Vitoria do Flavia que segue a facer do seu campo un  fortín o que lle permite estar tan so a 3 puntos do posto de promoción e a 5 do ascenso directo, e deixa tocado a un Praiña que esta cos mesmos puntos ca Esteirana que marca o descenso directo.

FISTERRE SD – DUMBRIA CF (3-0) Contundente vitoria do Fisterre que segue metendo presión o Sigüerio  pola loita polo ascenso directo. O Dumbría pese a derrota esta nunha posición relativamente cómoda pero non se pode despitar se non se quere ver metido tamén na loita por evitar arrastres.

UD BASTABALES – CD BAIO (1-3) Vitoria do Baio nun campo complicado pese a que o Bastabales sexa actualmente o pechacancelas.  O Baio, ten consolidado o cuarto posto da clasificación tendo o terceiro posto a 6 puntos. Pola súa contra o Bastabales cada vez lle quedan menos xornadas para saír dos postos de descenso directo.

ESTEIRANA SD – SIGÜEIRO FC (0-1) Tivo que esperar o líder os minutos finais para levarse os 3 puntos ante unha Esteirana que está a competir os partidos os da zoa alta da clasificación pero que actualmente e cos resultados da xornada, fan que sexa o que marque o descenso directo.

BERTAMIRANS – VAL DO ULLA (3-2) Remontada do Bertamirans para saír do último posto da clasificación,  deixando o Val do Ulla preto dos postos de descendo directo  con unha mala racha de 3 derrotas consecutivas.

FOTO: Moncho Salgado, adestrador do CD Lalín  Galitec, y que en esta segunda volta está a mellorar os resultados acadados na primeira mitade do campionato.