O NOSO PARTIDO: CHAIÁN CF-FLAVIA SD (0-0): Partido que comeza con máis domínio do Chaian pero co paso dos minutos o equipo visitante foise metendo máis no encontro, non houbo ocasións claras de gol sacando algunha xogada a balón parado do Chaian ata chegar o minuto 35 cando o arbitro pita un penalti algo riguso a prol do Flavia, o penalti é lanzado por Uxío e Peri, porteiro do Chaian, o para. A partir de aí o Chaian volve a coller algo de folgos e acaba primeira parte algo mellor.  Tras o descanso, o Flavia entra moi forte no partido e vai a polo gol, nuns minutos que o Chaian estivo sufrindo bastante. Co paso dos minutos os dous equipos realizaron cambios para ir a polo partido e buscar algunha variante para conseguir o ansiado gol. O partido rompeuse por completo durante 25 minutos nos que era ida e volta e calquera detalle podería decidir o partido. Nuns intres finales o Flavia xa xogaba máis directo e o Chaian estaba organizado en defensa para intentar realizar algunha boa contra. Non houbo sorte para ningún dos dous equipos e o partido acabou sin goles pero cun resultado xusto.
SD PILOÑO- UD VAL DO ULLA (4-3): Un Piloño que practicamente xa non se xoga nada volve a gañar na casa despois dunhas xornadas sin facelo contra un Val do Ulla que se acercou o resultado o descanso de estar 3-0 a 3-2 pero nos minutos finais sentenciou o equipo local.
SIGÜEIRO CF-BERTAMIRÁNS FC (2-0): O Sigüeiro sigue o seu, dende que nos gañou a nos non se lle escapou ningún punto máis. Partido que foi cun resultado xusto o descanso, pero adiantouse o pouco de empezar a segunda parte e o Bertamirans queda con 10 e aguantou ata o último minuto que foi o 2-0 para o Sigüeiro.
CD BAIO-SD ESTEIRANA (2-0): Derbi da Costa entre dous equipos que propoñen un fútbol moi bo para os aficionados. Decantouse para os locales cun gol no minuto 26 e o segundo de penalti no desconto. A Esteirana para a semana vai a ter un partido dificil cos expulsados que tivo neste partido.
ESCLAVITUD SD-UD BASTAVALES (2-0): Os de Juanvi proseguen na mesma liña, totalmente comodos na clasificación, equipo revelación seguramente desta tempada. Pola contra o Bastavales sigue metido na pelexa da salvación que cada semana está máis apretada.
CF DUMBRÍA-CD LALÍN (1-1): Empate dun Dumbría que está no grupo dos que non se xogan xa practicamente nada contra un Lalín que está cómodo pero que non se debe despistar para non meterse en problemas.
PRAIÑA SPC-SD FISTERRA (1-2): Ponse por diante o Praiña na primeira parte pero o Fisterra mete o empate no desconto da primeira parte “gol psicolóxico”. Na segunda parte o partido decidese nos minutos finais a favor do Fisterra que sigue a caza do Sigüeiro e o Praíña loitando para despegarse dos postos de descenso.
CD UNIÓN-SONEIRA SD (1-2): O Soneira consigue unha victoria importante remontando o 1-0. Unha victoria que lle sirve para sacar un pouco a cabeza dos postos de descenso e non deixando que o Unión se escape deses postos sendo esta a terceira derrota consecutiva dos locais.
CORDEIRO CF-Tordoia CF ( 3-1 ): Victoria importantísima para os de Valga. Levouse o partido o Cordeiro que se foi o descanso cun 2-0. O Tordoia recurtou distancias pero no minuto 82 sentenciou o Cordeiro. Partido moi movidiño xa que o árbitro expulsou a dous xogadores locais e a tres visitantes.
FOTO: O adestrador Marcos Donnici Abelenda, dirixindo un partido desde a banda, é o responsable técnico d Chaián CF que está inmerso na pelexa por la permanencia.