O NOSO PARTIDO (Lalín-Praíña, 1-1): Partido no que o Lalín comeza cun ritmo alto de xogo e atacando con transicións velocísimas e acción de centro-remate nos primeiros minutos do partido. Producto desas situación adiantaríase o Lalín no marcador cun bonito gol de cabeza de Boyan. O Praíña tratou de repoñerse ante un rival que concedía moi poucos espacios e tivo varios acercamentos con disparos de Adrián e Fer Conde e alguna incursión de Román. Na segunda metade o Lalín presionou máis arriba o cal dificultaba a nosa circulación. O Lalín dispuxo dunha clarísima ocasión nas botas de Boyan nun man a man con Luís e outra por parte nosa de Román fronte a Cristian Penela, en ambos lances os gardametas fixeron dúas grandes intervencións. Tamén tendríamos un gol anulado a Adrián por un riguroso fóra de xogo. Mentras o Praíña non deixaba de intentar atacar a portería rival en busca do empate, o Lalín mostrabase moi perigoso con espazos para poder correr especialmente con xogadores coma Richi, Boyan e Rubén. No minuto 84, Carlos Paramio tras un rexeite nun córner fixo o gol do empate, que tras o visto no partido podemos considerar como xusto. Nos minutos finais o Lalín tentou crear perigo mediante xogo directo e centros laterais, pero nós fomos quen de neutralizar eses ataques. En definitiva, reparto de puntos nun partido igualado e entretido.

VAL DO ULLA-SIGÜEIRO (1-2): O doblete de Astray permitelle o equipo de Tomás facer a séptima victoria seguida nesta segunda volta, o gol de Jacobo nos últimos minutos sirveu para recortar distancias.

TORDOIA-PILOÑO (0-2): Enfrontamento entre equipos da parte alta dónde os visitantes logran una victoria que lle permite adiantar na tabla o equipo de Dani Calvete.

BASTAVALES-DUMBRÍA (2-0): Os futbolistas de Manolo Torrisi consiguen una importantísima victoria para seguir vivos na loita por evitar o descenso.

SONEIRA-CORDEIRO (0-1): A sorpresa da xornada, o cadro local que se reforzou moi ben neste nadal perdeu pola mínima nos minutos finais ante un equipo que loita tamén por escapar dos postos de descenso.

FISTERRA-CHAIÁN (2-0): O Fisterra mantense intratable como local, e cun gol en cada parte sacou adiante o seu partido.

FLAVIA-CD UNIÓN (3-1): Os dePadrón tiveron que esperar os minutos finais e remontar un partido no que o Unión se adiantou moi cedo no marcador.

ESTEIRANA-ESCLAVITUD (5-0): O equipo local quere facer do seu campo un fortín para conseguir a salvación e logra un resultado amplio ante o Esclavitud que está facendo una temporada espectacular que de seguro lle da confianza para afrontar os próximos partidos.

BERTAMIRÁNS-CD BAIO (2-4): O Berta a pesar de adiantarse no marcador non puido sumar ningún punto para tratar de sair do bache de resultados que está atravesando nas últimas xornadas.