O NOSO PARTIDO (Esteirana-Praiña), 1-1: Un partido onde nós non supemos controlar. Quixemos chegar pronto arriba e nós precitabamos. O Praíña non nós creou ningunha ocasión, pero nun erro de marca, nun córner, nos marcaron o 0-1. De ahí ao descanso apretamos e tivemos dúas boas para empatar. Un tiro de Raúl e outro de Simón, onde o porteiro fixo dúas moi boas paradas. Tralo descanso nos volcamos arriba e apretámolos e aínda que sin moita claridade chegábamos a área dos visitantes. Nunha internada de Elías, logo de levarse a dous contrarios, fanlle penalti e marca Maroñas. Logo dun despexe da nosa defensa, nun balón dividido Simón chega tarde e golpea a un contrario,  e o árbitro o expulsa. O Praiña adianta liñas pero nun balón a espalda Raúl ten o 2-1 e de novo pero a saca o porteiro, hai rechace e Manu non é quen de metela. A baixa de Róber notámola demasiado en ataque. En definitiva, unha pena, un equipo que non crea unha ocasión, e lévase un punto.

SIGÜEIRO-CD BAIO, 2-0: Resultado lóxico a priori. O Baio está facéndoo moi ben pero o obxetivo do Sigüeiro e o ascenso e no seu campo non pode perder puntos.

UD VAL DO ULLA-ESCLAVITUD SD, 1-1: Aínda que suma non creo que os da casa estén contentos porque a situación é delicada pero o Esclavitud é un equipo solvente, que compite ben, e non é fácil de gañarlle.

BERTAMIRÁNS FC-CF DUMBRIA, 0-5: O Berta está atravesando un mal momento, con problemas e baixas de xogadores que se están trasladando o terreo de xogo. Pola contra o Dumbría é un equipo cada vez mais asentado que sigue crecendo.

UD BASTAVALES-CHAIÁN CF, 2-0: No me sorprende o resultado. O Bastavales compite e disputa moi ben os partidos e saca pouco fruto deles. Nesta ocasión conseguíu os puntos nun partido de urxencias.

CD LALÍN-CD UNIÓN, 0-1: En un campo díficil, porque está en mal estado, o Unión impuxo o seu estilo. O equipo de Rianxo é un clube que me gusta polo que propón, sae sempre a gañar co seu estilo.

SD FISTERRA-CORDEIRO CF, 2-1: O Fisterra, sin os dous xogadores mais determinantes sacou o partido adiante. No seu campo é casi inexpugnable.

FLAVIA SD-TORDOIA CF, 2-1: Resultado aparentemente normal entre equipos con obxetivos diferentes. O Tordoia compite ben, pero no seu campo o Flavia debe gañar.

SONEIRA SD-SD PILOÑO, 4-1: Resultado un pouco extraño polo abultado, non porque o Soneira non sexa capaz de gañar, que, creo que sí. O Piloño é unha sorpresa cada domingo.
FOTO: O adestrador da SD Esteirana, Francisco Uxío García Louro ‘Geno’, totaliza seis xornadas seguidas sin coñecer a derrota, o que lle valeu para sair do descenso