A Real Federación Galega de Fútbol está traballando nunha campaña global de promoción do fútbol femenino. O primeiro paso foi a creación da Liga Promesas, a primeira competición de base exclusivamente femenina. E o segundo paso é unha aposta decidida cunha importante dotación económica que alcanza os 200.000 euros, sendo esta a primeira vez na historia na que a Federación crea unha liña de axudas exclusiva para o fútbol femenino.

Todos os clubs femininos de Galicia (fútbol 11, fútbol 7 e fútbol 8) van a recibir unha achega da Federación, en función dos criterios obxectivos da categoría na que militan e os quilómetros por desprazamentos. No caso da Liga Promesas tamén se ten en conta a Mutualidade e os arbitraxes. E inclúese tamén a subvención de 5.000€ que reciben os equipos que militan en categoría nacional.

A Federación abonará o 50% da axuda antes do 31 de xaneiro e o 50% restante antes do 30 de xuño.

A campaña global de promoción será presentada nas vindeiras semanas e contará tamén coa Copa Gallaecia Infantil, que debe ser o paso previo para a creación da competición de liga infantil/cadete exclusivamente feminina.

Todos os clubs galegos con equipos femeninos foron convocados a unha reunión este luns en Santiago na que se informou de todo o relativo a esta liña de axudas. No referente ós desprazamentos, os clubs de Primeira e Segunda División e tamén os da Liga Promesas reciben unha subvención de 0.75 euros por quilómetro. Os que compiten nas ligas de fútbol 8 e fútbol 7 reciben 0.25 euros e os que vaian a participar na Copa Gallaecia infantil terán pagado o autobús.

Ademais, a Liga Promesas ten subvencionados todos os gastos federativos (arbitraxe, licencias e mutualidade). E os clubs que participan reciben a maiores unha axuda extra consistente no pago da mutualidade das xogadoras do primeiro equipo senior, sempre que milite en categoría autonómica.

Esta liña de axudas intégrase en ese proxecto integral de promoción do fútbol femenino en Galicia que pon en marcha a RFGF co obxectivo de aumentar o número de mulleres futbolistas, que agora supera a cifra de 5.000.

 

FOTO: O presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, presidindo a xuntanza que mantuvo con dirixentes do fútbol femeno galego na sede da Federación en Santiago