O NOSO PARTIDO (Dumbría-Baio, 0-2): Partido moi igualado que se resolveu polo acerto nas áreas. Una parte para cada equipo. Na primeira saimos moi ben o partido sendo conscientes da fortaleza do Dumbría na casa neses minutos iniciais. Tivemolo control do balón e duas ocasións moi claras antes do gol de Bieito, co que fomos con ventaxa ó descanso. Na segunda parte o Dumbría dominou a posesión e nós esperabamos para poder sair á contra, nunha delas chegou o noso segundo gol. O resultado foi un pouco engañoso, porque tanto uns coma outros fixemos méritis para conseguir algún gol máis.
PILOÑO-ESCLAVITUD, 2-2: Continúa a boa racha do Esclavitud, encadeando o seu 7° encontro consecutivo sen perder, acadando un punto no sempre difícil feudo do Piloño en Cruces.
PRAIÑA-SIGÜEIRO, 0-3: Parece que o Sigüeiro comeza a ser ese equipo que asustaba en gran parte da primeira volta, por plantilla e expectativas é o claro favorito ó título de Liga.
CHAIÁN-UD VAL DO ULLA, 1-0: Victoria pola mínima dun Chaián que vai a máis desde o seu cambio de adestrador. Nós poidemos vivir nas nosas propias carnes a intensidade e bo xogo deste equipo antes do parón de Nadal.
CD UNIÓN-BERTAMIRÁNS, 0-1: Victoria importante dun Bertamiráns que intenta sair dos postos de abaixo, ante un rival que sen dúbida e un dos que mellor xogo propón na categoría.
CORDEIRO-ESTEIRANA, 0-1: Segunda victoria consecutiva dunha Esteirana que sen dúbida merece ter máis puntos dos que ten, parece ser que a fichaxe de MJ sumado ó gran traballo defensivo do equipo, estalle a dar bos resultados ós de Esteiro.
TORDOIA-BASTAVALES, 3-2: Triunfo importante do Tordoia, para distanciarse ainda máis dun rival en teoría directo, pero que tras a gran primeira volta do equipo de Tordoia, ocupan plazas altas na táboa clasificatoria.
SONEIRA-LALÍN, 2-1: Terceira victoria consecutiva dun Soneira que escala posicións pouco a pouco. Á vista está que ás diferentes fichaxes realizadas durante o mes de decembro estalle dando resultado o equipo de Vimianzo. Madiop dalle un salto de calidade moi importante á que xa era unha gran plantilla.
FLAVIA-FISTERRA, 2-0: Partido da xornada, no que destacou a igualdade, cun Fisterra cas importantes baixas de Roca e Makaay, competiu moi ben nun campo complicado. Ó Flavia non puido adiantarse no marcador ata o minuto 75 cun dubidoso penalti, sinalado sobre Uxío e cun segundo gol cunha posible falta ó porteiro. Partido de loita ante dous dos favoritos ó ascenso co Sigüeiro.
FOTO: Pablo Torreira e o adestrador do CD Baio que está a realizar un grande campionato de Liga con esa cuarta plaza na clasificación.