O NOSO PARTIDO (Sigüeiro-Chaián): Moi igualado e competido o partido que se decantou hacia o final do primeiro tempo con duas accións colectivas co que se foi ó descanso cun 2-0 que nos facilitou un pouco o partido. No segundo tempo despois dunha gran acción individual de Astray sentenciamos o marcador e rompemos unha dinámica de resultados negativa que nos dará confianza para seguir pelexando por meternos nos dous primeiros postos. Pola sua banda, o Chaian dará moitas alegrías xa que son un bloque compacto e cas ideas claras do que queren facer.

Esclavitud-Dumbría (2-1): Enfrentamento entre dous equipos que no final da primeira volta acabaron cunha dinámica positiva. Levou o gato a agua o equipo local despois de remontar o primeiro gol do Dumbría. Gran resultado para os locais que con Juanvi está a facer unha tempada espectacular que o coloca cuarto neste inicio da segunda volta.

Baio-Praíña (3-1): Un gol no último minuto da máis amplitude ó resultado, pero despois dun partido moi igualado e competido ata ese intre. Unha pena para os visitantes o erro dun penalti que puido ser o empate no final do partido e que mostra o competitivos que son en tódolos partidos ainda que ás veces os resultados non estean acompañando o equipo de Diego. O Baio polo seu lado segue sendo un rival que intentará meterse arriba ata o final.

Val do Ulla-Unión (1-3): O equipo local de Raviña conta cunha cantidade importante de xogadores de baixa e repúxose a todo adiantandose no marcador ante un rival sólido con moi bos futbolistas como é o Unión. Despois, nun tramo de só dez minutos o Unión foi quen de darlle a volta ó marcador e levarse os 3 puntos para situarse nunha posición cómoda.

Bertamiráns-Cordeiro (1-2): Partido que se resolveu a favor do equipo visitante nos últimos minutos do choque. Importante victoria para o equipo que ben dirixe Luis cun rival directo por salir dos postos de abaixo.

Esteirana-Tordoia (2-0): Gran victoria do Esteirana sobre un Tordoia que está a facer unha gran tempada. O equipo local que está colista, ca calidade de algúns dos xogadores con experiencia noutras categorías e vendo como compiten será un rival duro en todos os partidos. Está a poucos puntos de poder saír nunha parte baixa da tabla moi igualada.

Bastavales-Soneira (0-3): Duro resultado para un Bastavales que veu como na primeira media hora o rival se adiantou con duas accións e complicou o partido para eles. O terceiro non fixo máis que sentenciar o enfrentamento e situar ó Soneira no medio da tabla.

Lalín-Flavia (1-2): Encontro moi igualado, con 0-0 ata os últimos quince minutos onde chegaron os tres goles. A pesar de ser o Lalín quen se adiantou, o Flavia foi capaz de darlle a volta e demostrar o bo momento no que se encontra e que será un candidato ó ascenso ata o final cunha gran plantilla.

Fisterra-Piloño (1-1): Enfrentamento entre dous dos mellores equipos da categoría, e que o empate dos últimos minutos por parte do Piloño iguala un pouco máis a loita polo ascenso.

O que non me queda a menor dubida es que será unha segunda volta interesantísima tanto pola pelexa por arriba como para sair dos postos de abaixo nunha liga moi igualada. Sorte a todos.