O NOSO PARTIDO (Cordeiro-Praíña (3-1): partido onde o Praíña nunca se atopou cómodo no terreo de xogo, nunha primeira parte sen apenas ocasións claras de gol, o Cordeiro adiantouse no marcador cun gol en propia portería dun defensor do Praíña. A partir de ahí rentabilizou o máximo as ocasións de gol das que dispuxo. O gol visitante, que serviu para recurtar distancias ante o 2-0 local, non foi máis que un espellismo que rematou por desembocar no 3-1 final e cunha victoria local xusta e merecida tras o acontecido nos 90 minutos de xogo. Cómoda e merecida victoria local dun Cordeiro que foi mellor no golbal do partido.

Tordoia-Dumbría (1-0): o equipo local está facendo un inicio de liga espectacular, e mostrándose moi forte nos partidos que actua como local. O autogol no minuto 90´desnivelou un partido tremendamente igualado.

Flavia-Baio (3-0): o Flavia segue sumando victorias e demostrando a súa condición de aspirante a todo nesta tempada. Nesta xornada aproveitou o duelo entre os dous primeiros clasificados para recortar distancias a espera de visitar o líder a próxima xornada.

Esteirana-Piloño (0-0): o conxunto local está tratando de sair dos postos baixos da taboa, seguro que este punto valioso ante un equipo con enorme potencial como o Piloño marca a liña a seguir nas vindeiras xornadas.

Lalín-Val do Ulla (1-0): victoria moi importante e necesaria para o Lalín que seguro que está lonxe dos obxectivos marcados para esta tempada que recibeu a vista cun Val do Ulla con moitas baixas, circuntancia que aproveitou para impoñerse no encontro.

Soneira-Esclavitud (5-2): marcador abultado e favorable o equipo local que parecía estar nun bache nas últimas xornadas, o Esclavitud segue instalado nunha cómoda posición gracias a un moi bo inicio de liga.

Fisterra-Sigüeiro (1-0): visita complicada do equipo de Tomás Mougán a un campo onde vai a ser complicado poder sumar algún punto, o Fisterra moi renovado e cunha plantilla de calidade vai a estar na pelea da zona alta.

Bastavales-Bertamiráns (1-1): partido entre equipos que lle está costando este inicio de liga, e que con este empate seguro que non deixa contentos a ningún dos dous.

Unión-Chaián (0-2): duelo moi igualado en Rianxo que terminou con victoria visitante, con estes tres puntos o Chaián comprime todavía máis se cabe a zona Baixa da clasificación.

FOTO: Diego Gálvez, entrenador del Praiña,  en uno de los encuentros disputado por su equipo en el campo de Juan Amado en Pontevea delante de su banquillo